Anuncios
Ticker de novas

Solicitan “medidas urxentes” para garantir a seguridade viaria en Porto do Molle

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN // Os servizos de emerxencias no lugar do atropelo.

“Varios atropelos e continuos accidentes fan necesaria a adopción de medidas para mellorar a seguridade viaria de Porto do Molle” comentou a Coordinadora de Cs en Val Miñor, Sofía Cabalier, tras a presentación en rexistro da solicitude de adopción de medidas urxentes para a zona.

Sofía Cabalier exemplificou o perigo da zona con dous dos últimos sucesos ocorridos este mesmo ano cando “un mozo resultou ferido tras a colisión de dous vehículos, e tan só hai uns días dous peóns foron atropelados por un ciclomotor no paso de peóns dun coñecido supermercado da zona”. Insistiu en que “este tipo de accidentes poderían evitarse de tomarse medidas xa”.

Precisamente co obxectivo de poñer remedio e evitar similares sucesos futuros, presentouse desde Cidadáns esta solicitude na que se insta á Zona Franca de Vigo, propietaria do parque empresarial, “que tome as medidas necesarias para garantir a seguridade viaria na zona. Entre elas propoñemos a instalación dun semáforo con pulsador no citado paso de peóns, a instalación de bandas sonoras na vía ou a elevación do paso de peóns para atenuar a velocidade dos vehículos ao seu paso pola zona”, finalizou a coordinadora de Cs.

2018-04-26 - val miñor porto do molle

Anuncios