O Turonia Gondomar FG preséntase en sociedade

O campo municipal de As Gaiandas acolleu este sábado o primeiro torneo de fútbol gaélico do Val Miñor, momento idóneo para a presentación oficial do Turonia Gondomar FG. Durante o evento, conducido por Carlos Riveiro, déronse a coñecer os equipos feminino e masculino, contando coa presenza do veciño Keltoi Vigo GAC e o Auriense FG de Ourense. Xogaron un triangular con partidos de tempo reducido, achegando así esta modalidade deportiva aos veciños. O Turonia Gondomar FG aproveitou ademais para presentar o seu escudo, deseñado por Antón Santos, e o seu equipamento, deseñado con moito agarimo polos membros da directiva. O encargado do saque de honra e da entrega de trofeos foi o alcalde, Paco Ferreira.

 

 

Anuncios