Sin categoría

VII Xuntanza Folclórica en Mañufe

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza este sábado 7 de xullo, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, a súa VII Xuntanza Folclórica. Desde as 20:30 horas actuarán no Torreiro de Mañufe o grupo de gaitas Aires de Santes, as pandereteiras Froleada e o grupo de baile Froles do Galiñeiro de Vincios, o grupo “Treboada” e “Airiños Novos de Pinzás”, o grupo “Panderetiras do Sobreiro” de Borreiros, o grupo de música tradicional “Ecos e Agarimos” de Peitieiros, o grupo de música tradicional “Os Romanteleiros” de Mañufe, o grupo “Balcón do Val Miñor” de Morgadáns, o grupo de baile e gaitas “Fibulas-Swaroskys” de Mañufe e o grupo de gaitas “Castro da Pedra Moura” de Donas. Haberá bocadillos a prezos populares.