Un centenar de nenos e nenas participan desde hoxe no Gondoverán

Este luns arrancou no CEIP Chano Piñeiro o Gondoverán, coa presenza do alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío Cambra. Trátase dun campamento de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadores, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación, posto en marcha por sétimo ano consecutivo pola Concellería de Igualdade de Gondomar, a través do Centro de Información á Muller (CIM), cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de 8:00 a 15:00 horas. Ao mesmo tempo, poténciase o desenvolvemento integral dos 110 nenos e nenas participantes, de entre 3 e 13 anos, a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento da contorna próxima, desde unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

2018-07-02 - 36389682_2038142266448325_5037723138985558016_o