Tres vitorias e dúas derrotas para o Laroca na novena xornada da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a novena xornada de liga galega de xadrez onde os equipos do Laroca conseguiron tres vitorias e dúas derrotas.

Na primeira división o Laroca A caeu derrotado na casa ante o Xadrez Ourense B por 1,5-2,5 puntos conseguidos por Mireya e as táboas de Tino. Con este resultado baixan ata a sexta posición da táboa e a falta de dúas xornadas pódese dicir que o obxectivo da permanencia está cumprido.

Na segunda división vitoria do Laroca B 3-0 ante o Villa de Bouzas B, puntos conseguidos por Patricio, Dani e Paco. Con esta vitoria sitúanse no oitavo posto da clasificación e virtualmente salvados do descenso. O Laroca C sufriu unha derrota na súa saída a Mos para enfrontarse ao Xadrez Mos A por 2,5-1,5, puntos conseguidos por Chema e táboas de Lino. Con este resultado sitúanse na cuarta posición da clasificación.

Na terceira división celebrouse a derradeira xornada con vitoria para os dous representantes, o Laroca IES Auga da Laxe gañou por 3,5-0,5 ao Albatros C con vitorias de Osian, Xan, Carlos e Sara e as táboas de Laura. Con este resultado rematan no cuarto posto da liga, mentres que o equipo do Laroca Mallón gañou no seu desprazamento ao Condado por 1,5-2,5 ao equipo do Xadrez Ponteareas, con vitorias de Guillermo e Ricardo e táboas de Mauro. Con este resultado rematan a liga no sétimo posto.

Anuncios