“Esperamos que exista a continuidade que un Club como este, cremos merécese”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Desde a Directiva en funcións do Gondomar C.F. queren dar unhas breves explicacións, as cales se explicaron na Asemblea de Socios, para evitar comentarios fóra de lugar. “Esta non será unha nota de reproches senón construtiva, que é o que fixeron moitísimas persoas ao longo de 104 anos de vida do noso Club”, sinalan nun comunicado.

Esta Directiva comprometeuse hai 4 anos co anterior Presidente, a facerse cargo do Club por este período de forma improrrogable, ao non haber ninguén que se fixese cargo nese momento e co Centenario ás portas. Ao longo desta última tempada, fóiselles comunicando aos socios.

O Club a día de hoxe queda absolutamente “SEN NINGUNHA DÉBEDA” e cun pequeno superávit.

Ao participar nunha competición virtual, xa que de certo non se sabe quen soben ou baixan, foi o motivo do descenso de categoría, xa que por regulamentación non lle correspondería descender.

Sobre a relación co Concello, excepto promesas incumpridas non temos ningún problema, e desde hai máis de 10 anos converteuse no noso principal patrocinador. A pesar de que na devandita axuda, vai incluído o mantemento do campo, que ao ser de herba natural, é costosísimo, de aí o principal motivo de solicitar o campo de herba artificial entre outras razóns.

Con respecto ao outro Club de Fútbol de Gondomar, non temos tampouco ningún tipo de problema excepto, a que nun pobo como este entendemos que non debe ter máis que un club do mesmo deporte; como mínimo debe entenderse como unha filialidade, tal e como así consta no convenio, con certas discrepancias na aplicación do mesmo. Desde logo, do mesmo xeito que con calquera outro Club, merécenos o mesmo respecto.

Nós finalizamos un ciclo e, cumprindo a promesa de hai 4 anos debemos irnos, o único que pedimos do mesmo xeito que en calquera outra entidade deportiva sen ánimo de lucro, esperamos que exista a continuidade que un Club como este, cremos merécese.

Anuncios