Esquerda Unida esixe a anulación da conferencia de Mario Conde en Baiona

Conferencia de Mario Conde no Colexio Maior Universitario Jaime del Amo.

O mesmo día no que se dá publicidade á programación do 8º Ciclo de Conferencias en Baiona, a prensa faise eco da lista de morosos de Facenda 2018, e nos atopamos con que hai unha persoa que repite nas dúas listas: Mario Conde. Silvano Montes, Coordinador Local de Esquerda Unida en Baiona, esixe a súa inmediata retirada do cartel de conferenciantes, xa que de seguir nel, “sería unha burla á veciñanza que cumpre, ano tras ano, con súas obrigacións tributarias”.

“Desde Esquerda Unida Baiona non acertamos a ver a torpeza de incluír na programación de conferencias a unha persoa condenada por estafa e apropiación indebida no ano 2000, e que non pódeselle dicir que quedara saldada a súa débeda coa sociedade cumprindo a condena, xa que volve a estar investigado dentro dunha operación por branqueo de capitais e delitos contra a Facenda Pública, ademais de ter unha débeda de 10 millóns de euros no 2017 que se incrementaron a case 15 no 2018”.

“Non sabemos que entende o equipo de goberno do Concello de Baiona que poida aportar á veciñanza unha conferencia desta persoa con ditos antecedentes, pero preocúpanos enormemente que este sexa o modelo de actuación ante as obrigas fiscais, que o PP de Baiona queira transmitir á mesma”, conclúe o Coordinador Local.

Anuncios