Homenaxe aos maiores en Parada

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada organiza este domingo día 1 de xullo, no local social da parroquia, unha homenaxe ás persoas maiores de Parada.

Neste acto, os asistentes poderán degustar un xantar composto de empanada, merluza á romana, xamón asado, postre e bebida, a un prezo de 15€. No transcurso do xantar, farase entrega duns agasallos a todas as persoas con máis de oitenta anos de idade, e tamén haberá unha actuación musical para amenizar a sobremesa.

Con esta iniciativa, o que pretende a Comisión de Festas, é que xente que se coñece “dende sempre”, pero por circunstancias diversas levan anos sen verse, teñan a oportunidade de facelo de novo, é así rememorar tempos e anédoctas pasadas, e como non, botar unhas “parrafadas”.

A Comisión conta neste acto coa colaboración do Concello de Nigrán. Os interesados, poden inscribirse no local da comisión ou no telefono 678 45 22 34.