Festas na honra de San Antón e o Señor en Vilaza

FOTO: PEPE COSTAS // Igrexa de Santa María de Vilaza.

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra este fin de semana as festas na honra de San Antón e o Señor. O venres 29 de xuño, actuará o dúo Pros&Ma a partir das 23:00 horas. O sábado 30 ás 19:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de Santón e o Señor, e a continuación, terán lugar as tradicionais poxas a cargo de Carlos Riveiro. Pola noite, ás 23:00 horas, comezará a verbena con La Oca Band e a actuación do cantante Raúl ás 00:30. O domingo 1 de xullo ás 12:00 do mediodía celebrarase unha nova Misa Solemne con procesión acompañada pola charanga Nova Cubana. A partir das 18:00 horas terán lugar as cucañas, e pola noite, a gran verbena fin de festa estará amenizada polo Trío Azar e o Grupo Aramio.

Anuncios