O IEM presenta este mércores as súas Xeiras de Verán

FOTO: IEM // Xeira pola Fortaleza de Monte Real.

Este mércores 27 de xuño ás 17:00 horas terá lugar a presentación das Xeiras do IEM no restaurante A Pinta no Parador de Baiona. Son doce visitas guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico que se realizarán nos tres concellos do Val de Miñor: Gondomar, Nigrán e Baiona e no Baixo Miño: Tomiño. A duración media das xeiras é de 3:00 a 3:30 horas. Este ano resalta a innovación que supón a incorporación a todas as xeiras de dúas intérpretes en lingua de signos, o que favorecerá a integración deste colectivo e o seu achegamento ao noso patrimonio.

Anuncios