Festa da Música Tradicional en Gondomar

O Concello de Gondomar celebrará este martes 26 de xuño ás 20:30 horas a Festa da Música Tradicional xunto cos grupos Tradisón, Os Terribles de Donas e Cantares do Brión no Parque das Ánimas. A Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e o Conservatorio Elemental de Música, pretenden xuntar aos grupos máis destacados da música tradicional de Gondomar, nun concerto encadrado nas conmemoracións polo 35 aniversario do centro. Un programa dedicado á música tradicional que abrirá a programación do verán en Gondomar no parque das Ánimas.

Anuncios