Sin categoría

A Garda Civil incáutase de 3.500 artificios pirotécnicos nas festas de Mañufe

A Garda Civil incautouse onte de 3.509 artificios pirotécnicos que estaban dispostos para a venda ao público nunha atracción de feira situada no recinto da festa de Mañufe, no termo municipal de Gondomar.

A venda destes artificios pirotécnicos, pertencentes á categoría F2, só pode realizarse en establecementos autorizados, a maiores de 16 anos e, aínda que son de baixo perigo e baixo nivel de ruído, só poden utilizarse en zonas delimitadas.

Os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Vigo, que realizaron a inspección, incautáronse de 121 envases, cun total de 3.509 unidas, que foron almacenadas para a súa destrución nun depósito autorizado.

A venda destes artificios pirotécnicos sen autorización, como é o caso de todos os vendedores ambulantes, está tipificada como unha infracción grave ao Regulamento de Artigos Pirotécnicos e Cartuchería e o seu responsable, que foi identificado, pode ser sancionados cunha multa desde 300 a 30.000 euros.