A psicóloga Ruth Rokiski pecha o III Ciclo de Conferencias sobre Benestar e Saúde de Baiona

Este venres, día 22 de xuño, o auditorio da Casa da Navegación acollerá ás 19:30 horas unha conferencia que ten por título “Como vivir sen ansiolíticos nin antidepresivos”, impartida pola psicóloga Dª Ruth Rokiski. A doutora profundará nas diferentes causas que desenvolven a ansiedade e a depresión. Explicará alternativas á toma de medicación “psicofarmacolóxica” para superar os retos aos que nos temos que enfrontar na vida e que nos fan enfermar psicoloxicamente. Así mesmo, ensinará trucos sinxelos para identificar o modelo de personalidade de cada individuo e que lle impide sentirse libre.

Este relatorio pon fin ao III Ciclo de Conferencias sobre Benestar e Saúde, no que, durante 6 meses, 6 profesionais de diferentes disciplinas da saúde achegaron e compartiron coñecementos acerca de estratexias e recomendacións que contribúen a mellorar o noso benestar. Dirixidas a toda a poboación, e especialmente ao colectivo de persoas adultas, as conferencias xestiónanse cun obxectivo claro, contribuír a unha educación para a saúde que oriente ás persoas asistentes a alcanzar unha vida máis saudable a través de contidos e pautas de acción.

Anuncios