Sin categoría

A Deputación aproba novas achegas para Gondomar e Nigrán

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 453.101,06 euros destinadas a 11 concellos da provincia para realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Máis polo miúdo, os municipios que forman parte desta relación da Liña 2 do Plan Concellos aprobada polo goberno provincial son Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía.

Gondomar recibirá 7.413 euros para gasto corrente novo, mentres que Nigrán beneficiarase de 94.877,46 euros para actividades deportivas, espectáculos musicais e outras diferentes actividades lúdicas.

Con esta nova relación, xa son 47 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 3.061,582,61 euros, o que supón o 76,54% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.