Talaso Atlántico, hotel oficial da Copa Mahou Galicia F7 Cup

O Hotel Talaso Atlántico será, por cuarto ano consecutivo, o hotel oficial da Copa Mahou Galicia F7 Cup que se celebrará en Baiona este fin de semana. O establecemento hostaleiro será o responsable do coidado e benestar dos deportistas que competirán na fase final deste torneo de fútbol amateur e converterase no centro neurálxico para os xogadores e a competición. Segundo os organizadores da Copa Mahou Galicia F7, o apoio do Talaso neste evento “servirá para gozar con todo tipo de comodidades da experiencia futbolística máis aló do terreo de xogo”.

Con esta colaboración, o Hotel Talaso Atlántico reforza o seu compromiso polo deporte e a saúde. O pasado mes de abril organizou, conxuntamente co Club Ciclismo Oiense, o II Desafío Talaso Atlántico. Premiado en 2017 como mellor centro de talasoterapia, conta con programas específicos para deportistas que lles prepara tanto antes como despois da competición.