Anuncios
Ticker de novas

Continúa aberta a matrícula para a Escola de Música Municipal de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Escola de Música Municipal de Baiona.

Os interesados en facer a matrícula da Escola de Música Municipal de Baiona para o curso 2018/2019 aínda poderán facelo ata o 20 de setembro en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:30 horas. A matriculación se levará a cabo no propio centro situado na rúa Alférez Barreiro nº20-21, onde os interesados terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: piano, guitarra, violín, viola, canto lírico, canto pop, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión e gaita. Máis información no teléfono 986 35 60 81.

Anuncios
error: Content is protected !!