O CEMMA imparte en Nigrán un curso de formación da rede de varamentos de Galicia

O Concello de Nigrán colabora co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) para a celebración dun novo curso de formación da rede de varamentos de Galicia 2018 (tartarugas e mamíferos mariños) que se impartirá este venres e sábado no Auditorio Municipal. Os interesados en participar teñen ata mañá para inscribirse gratuitamente a través do mail cemmaorganizacion@gmail.com.

Dende o venres 30 de xuño ao domingo 2 de xullo, o Auditorio Municipal do Concello de Nigrán contará con relatorios dos especialistas en mamíferos mariños da CEMMA, como Pablo Covelo, Alfredo López, Patricia Mariscal, Xavier Pin, Xulio Valeiras ou a Doutora Nuria Alemañ, profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo e especialista en anatomía comparada. As xornadas inclúen clases prácticas na tarde do venres en Praia América de fotoidentificación e asistencia e simulacro de rescate.