Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, conseguiu este sábado a vitoria no Gran Premio San Roque, organizado polo Club Ciclista Viveiro, e que serviu para poñer o punto e final á Copa Galicia das categorías cadete e júnior.
A proba viveirense tamén foi valedoira como primeira cita do Trofeo Astur cántabro galaico e isto propiciou a presenza dun bo número de corredores representantes non só de Galicia senón das comunidades implicadas nesta Copa.
O baionés subiuse ao máis alto do podio na categoría júnior, completando os 47 quilómetros de percorrido en 1:29:07. Uxío Sanmartín (1:29:07) e Ramón Fernández (1:31:32), ambos os dous do Cortizo Anova, foron segundo e terceiro respectivamente.


