Baiona ofrece 16 campus e un completo programa de actividades deportivas para este verán

Este venres tivo lugar a presentación das Actividades e dos Campus Deportivos de Verán do Concello de Baiona. No acto participaron o Alcalde, Ángel Rodal, Begoña Abraldes, directora da oficina de Baiona de “laCaixa”, Igor de la Heras, en representación tamén de “laCaixa”, e a Concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns Passos.

A través das Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas, preséntase o calendario de actividades lúdico-deportivas que para o presente verán 2018, ten previsto desenvolver para veciños e visitantes da Real Vila, que se caracterizan pola súa diversidade, así como, de ofrecer alternativas de lecer e deporte para todas as idades e sexos.

A oferta ofrece alternativas de ocupación do tempo libre tanto de mañá como de tarde, para desta maneira axustarse aos horarios vacacionais e laborais dos interesados. Para facer público este calendario de actividades, a Concellería de Deportes realizou un folleto descritivo por días e meses de todas as alternativas de lecer que se ofrecen.

Ademais, está aberto o prazo de inscrición para as distintas escolas deportivas deste presente verán, que dará comezo a partir do día 1 de xuño ata o día 15 de setembro.

Disponse de información dos moitos e variados torneos deportivos que se desenvolven este verán: Fútbol Sala, Pesca Deportiva Infantil, Fútbol, Baloncesto 3×3, Vóley Praia 3×3, Pas Praia, Campus Multideportivos, Carreira Pedestre, Regata de Gamelas e as novidades do programa con eventos populares como a Travesía a Nado e Subida á Groba.

Mención especial á oferta dos Campus Deportivos de Verán “laCaixa” que este ano se ofertan un total de 16 modalidades en deportes tan dispares como Baloncesto, Deportes Olímpicos de Combate (Loita), Fútbol, Multideporte, Ximnasia Rítmica, Bádminton, Tenis, Fútbol, Deportes Náuticos (vela lixeira, piragüismo, pádel surf, windsurf), Fútbol Sala, Atletismo, Vóley Praia, Danza, Patín, Tríatlon e Ximnasia Rítmica, o que garante actividade dirixida durante 11 semanas a un prezo moi competitivo, todo iso froito dos convenios de colaboración existentes a través da Concellería de Deportes de Baiona cos clubs deportivos locais e “laCaixa”.

Tamén acudiron ao acto para a foto de familia un representante de cada un dos clubs deportivos que deseñaron a oferta deportiva de forma conxunta coa Concellería de Deportes: Club Tenis Baiona, Club de Loita Sabarís, Galicia en Danza, Wetsports, Monte Real Club de Yates, Baíña Fútbol Sala, Escola Runnig Baiona, Erizana Club de Fútbol, Club de Baloncesto Baiona, Club Ximnasia Rítmica As Estelas, Club Piragüismo Baiona, Club Patinaxe Baiona, Club Bádminton Val Miñor e Club Ciclista Vigués.

O Alcalde, Ángel Rodal, agradeceu a cada un dos clubs “a súa implicación co proxecto xa que sen a súa colaboración non sería posible ofertar un calendario e uns campus tan numerosos e interesantes para practicar deporte durante o verán en Baiona”.

Para inscricións e maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes ou no teléfono de 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico deportes@baiona.org.