Anuncios
Ticker de novas

Baiona entrega as distincións de turismo de calidade a 41 empresas e servizos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Entrega de premios Sicted en Baiona.

O Concello de Baiona acolleu este mércores a entrega das distincións Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) a 41 empresas e servizos do municipio. O alcalde, Ángel Rodal, e a concelleira de Turismo, Beatriz González, presidiron o acto celebrado no Salón de Plenos.

Baiona leva traballando no Sicted desde o ano 2004 e é un dos cinco destinos galegos adheridos a este sistema. O Sicted, (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino) é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos, auspiciado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, que traballa con empresas/servizos turísticos de ata 32 oficios diferentes, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

“A implicación do Concello de Baiona en prol da calidade viuse recompensada en dúas ocasións, recibindo o terceiro premio como Mellor Destino Sicted nos anos 2014 e 2016, en recoñecemento ao seu compromiso en favor da competitividade das empresas e impulso do proxecto Sicted na Vila. Baiona resultou o terceiro, de entre 202 destinos participantes de toda España”, destacou a concelleira Beatriz González.

Baiona conta na actualidade con 41 empresas e servizos distinguidos de 14 oficios e é o único destino adherido ao Sicted que ten todas as súas praias distinguidas.

Pola súa banda, o alcalde incidiu en que “é importante o esforzo das empresas turísticas locais en prol da excelencia. A crecente motivación entre o empresariado e os servizos públicos que poden certificarse, augura un traballo continuo e unha senda ascendente para lograr un destino singularizado pola calidade e o firme obxectivo de instaurar hábitos de funcionamento dentro da excelencia e a sustentabilidade”.

Os establecementos e servizos coa distinción son a Cafetería Cerchas, Estación de Servicio Monte Real, Hotel Anunciada, Hotel Pazo de Mendoza, Juan José Fontenla Alfaya (taxi), Monte Real Club de Yates de Bayona, Oficina de Turismo de Baiona, Óptica Baiona, Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, Policía Local de Baiona, Hotel Tres Carabelas, Casa Rural San Lourenzo, Apartamentos Ababides, Casa do Marqués, Estelas, Hotel Arce, Hotel Rompeolas, Jamonería Jaqueyvi, Jose Carlos Vasconcellos Gonzalez (taxi), Joyería Tula, La Crep, La Pedalería, Le Sept, Luna Baiona, Mirador Ria de Bayona, Os da Ponte, Peluquería Belmer, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Pedro Madruga, Praia Ladeira, Praia Ribeira, Praia Barbeira, Praia de Sta. Marta, Praia de Frades, Praia Concheira, La Boquería, Bibendum, La Mallorquina, Mesón Fonte de Zeta, Mesón Jamonería Fidalgo, Viajes Val Miñor.

Anuncios