Ruta cabalar da Comisión de Festas Virxe do Carme de Baiona

A Comisión de Festas Virxe do Carme de Baiona organiza este sábado 9 de xuño unha ruta cabalar gratuíta con saída ás 16:00 horas desde Chan da Lagoa, para percorrer os montes de Baíña, Baredo e Mougás, con regreso ao mesmo lugar. O percorrido será duns 18 quilómetros con dúas paradas con servizo de bebidas e petisco gratis.

Pola noite, a partir das 22:00 horas, celebrarase unha cea no local “Chan da Lagoa”. O menú, cun prezo de 16 euros por persoa, estará composto por empanada, tortilla e croquetas, codillo ao forno, sobremesa, pan bebida e café. Para participar na cea será necesaria reserva previa antes do martes 5 de xuño con pago anticipado.

Sortearanse agasallos entre os asistentes á cea e despois, haberá servizo de barra e música disco. Teléfonos de contacto: 627 072 413 (Andrés), 680 424 719 (Susana), 606 963 279 (Jaime) e 607 801 782 (Javi).