Gondomar celebra este fin de semana a Feira de Abril

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Abril en Gondomar.

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar, xunto coa Concellería de Cultura, organiza este fin de semana a Feira de Abril. Celebrarase os días, 8, 9 e 10 de xuño na Alameda de Gondomar, sendo o aceso e inauguración o venres ás 22:00 horas. A continuación, actuarán as Asociacións Cultural Triana, Amigos del Rocío e Mulleres Rurais de Gondomar. Xa o sábado ás 19:30 horas, será a quenda de Patinama e o Grupo de Baile Las Marismas del Rocío. Finalmente, o domingo actuarán o Grupo de Baile Embrujo e o Grupo de Baile Virgen de la Rocina, a partir das 18:30.