Faladoiro de Luís Fernando de Oliveira Fontes no IEM

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá este venres 8 de xuño ás 20:30 horas o faladoiro “Patrimonio, cultura e desenvolvemento; experiencias dende o norte de Portugal” con Luís Fernando de Oliveira Fontes. Doutor en Arqueoloxía, Director da Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho, Director da revista em linha Traballos Arqueolóxicos da U.A.U.M. / MEMÓRIAS,… O acto será presentado por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, 10 Baixo, Gondomar.