A Asociación de Veciños Castro e Ladeira organiza a 3ª Festa de Produtos Galegos e Artesáns “Sabarís Gastronómico”, que se celebrará o sábado 9 e o domingo 10 de xuño a partir das 11 da mañá na explanada da rúa Jóse Pereira Troncoso, fronte a rotonda de acceso ao Camping da Ladeira.
Música e sabores para un fin de semana domingo exquisito
Haberá diversos postos ofrecendo navallas, mexillóns, polbo, callos e brochetas por parte do Restaurante Senlleiro de Sabarís, empanadas, churrasco, chourizos e sobremesas variadas da protectora de animais Bai.senpulgas, cafés e chupitos por parte da tenda de Baiona A Lareira e licores e cafés Siboney.
O Grupo de Gaitas “A Merced” de Chaín amenizará a xornada do sábado e o vocalista Roberto Caco e o Grupo de Gaitas “Estrela Destroxira” a do domingo. Tamén haberá inchables para nenos.

