Obradoiro de programación de videoxogos en Gondomar

Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, organiza un obradoiro de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.

Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar á mocidade a aprendizaxe das bases da programación dun xeito lúdico e sinxelo, coa motivación de inicialos e familiarizalos cunha ferramenta imprescindible para o seu futuro. Aprenderán a pensar con creatividade, a traballar en colaboración e a razoar sistematicamente.

Os interesados poden inscribirse do 1 ao 15 de xuño. Máis información e inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar, teléfono 986 369 746.

Anuncios