Anuncios
Ticker de novas

Interceptados en Vigo un veciño de Baiona e outro de Nigrán conducindo tras consumir drogas

A Policía Local de Vigo denunciou na madrugada do xoves a un total de sete condutores por consumo de drogas nun lapso de só 70 minutos, entre as 1:30 e as 2:40, en diferentes puntos da cidade. Entre eles un mozo nado e domiciliado en Baiona.

Trátase dun home de 23 anos de idade, que foi interceptado por unha patrulla ás 2:40 tras cometer unha infracción de tráfico cando circulaba nun Citroën C2 baixo os efectos do THC pola rúa Sanjurjo Badía. Foi multado con mil euros e retiráronselle seis puntos do carné de conducir.

A estes sete casos rexistrados na madrugada do xoves uniuse durante a madrugada do venres un home de 33 anos, nacido en Ponferrada e residente en Nigrán, que deu positivo en cocaína cando transitaba ás 4:00 horas pola Gran Vía cun BMW 330 D.

Anuncios