O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal e O Porriño convocan o XII Certame fotográfico “Viaxando”.
Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro. O prazo para presentar os traballos rematará o 26 de setembro do 2018.
Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía, a realizar nalgún dos concellos organizadores nos tres meses seguintes do fallo público. Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello de Gondomar.
As bases foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do día 11 de maio de 2018 e poden consultarse en calquera das entidades organizadoras onde tamén se poderán presentar as fotografías participantes. Máis información na OMIX de Gondomar (Teléfono 986 369 746) ou na OMIX de Baiona (Teléfono 986 385 925).

