Anuncios
Ticker de novas

Rescatado un corzo nas rochas do Rompeolas

FOTO: FLORIDA LOUISE // O corzo nas rochas do Rompeolas.

Axentes da Policía Local de Baiona e membros do GES Val Miñor rescataron este martes a unha cría de corzo que se atopaba desorientada nas rochas do Rompeolas. Xente que paseaba polo lugar deu o aviso ao redor das 13:00 horas. Dous axentes e dous bombeiros conseguiron acurralar ao animal nun oco xunto ao muro de contención da estrada e sacalo sen que sufrise ningún dano. Finalmente deixárono en liberdade na zona situada entre o Hotel Rompeolas e a Virxe da Rocha.

Anuncios