Chega a I Feira de Actividades Creativas e Culturais do Val Miñor

A I Feira de Actividades Culturais e Creativas do Val Miñor está a piques de chegar. Un evento comprometido coa comunidade, organizado pola plataforma dixital Meet Rural e Espacio Hylica, co obxectivo de dar a coñecer as actividades creativas e culturais que se ofrecen na zona para o curso 23-24. O evento terá lugar o domingo 24 de setembro nos Xardíns de Espazo Hylica en Sabarís, en horario de 11:00 a 19:00 horas.

A I Feira de Actividades do Val Miñor será un punto de encontro único para todos aqueles que desexen explorar as diversas actividades creativas e culturais que ofrece a comunidade. Aquí, os asistentes poderán falar directamente con profesores, monitores e artesáns que imparten clases e obradoiros na zona e formalizar a súa inscrición se así o desexan. Música, costura, estampaxe, cómic…. Son algúns dos exemplos do que nos podemos atopar na feira.

Unha das características destacadas do evento é a oportunidade de presenciar mostras en vivo das actividades que se ofrecen. Os profesionais realizarán demostracións para que os visitantes poidan coñecer de preto as súas habilidades e técnicas.

Ademais, o programa da feira inclúe unha variedade de obradoiros e actuacións ao longo do día. Ás 12:00, haberá un obradoiro de música deseñado especialmente para nenos de 1 a 4 anos. Ás 13:00, se levará a cabo un concerto de guitarra. Pola tarde, ás 16:00, os nenos a partir de 6 anos poderán participar nun obradoiro de arte que esperte a súa creatividade, e por último, ás 18:00, se levará a cabo un contacontos en inglés para nenos de 1 a 7 anos, brindando unha experiencia educativa e entretida.

Esta feira, levada a cabo por Espacio Hylica e Meet Rural pretende ser a I edición dun evento, que esperan, consolídese co paso do tempo e sexa un lugar de referencia tanto para profesionais como para a comunidade.