Anuncios
Ticker de novas

Contacontos Musicados en Gondomar

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar e a Concellería de Cultura dirixida por Nuria Lameiro organizan uns Contacontos Musicados para os máis cativos, en colaboración con Espazo Lectura. Os concertos serán mañá día 29 ás 17:30 horas no Auditorio Lois Tobío e o mércores 30 ás 17:30 na Casa da Lectura de Donas. Por outra banda, esta será a última semana para poder formalizar a pre inscrición para o acceso ao 1º curso do Conservatorio para o vindeiro ano lectivo 2018-2019. Máis información no teléfono 986 389 283.

Anuncios