Anuncios
Ticker de novas

Baiona informa aos interesados en participar no programa de turismo do IMSERSO

O Concello de Baiona informa que xa está aberto o programa de turismo 2018/2019 do IMSERSO, que inclúe os seguintes destinos: zona costeira peninsular, zona costeira insular e turismo de interior. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 12 de xuño. Para poder participar débese reunir un dos seguintes requisitos: ter 65 anos, ser pensionista ou perceptor de prestacións ou subsidios con 60 anos ou de viuvez con 55 anos cumpridos. Poderá incluírse como acompañantes aos fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%. Para maior información poderán dirixirse ao Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, e chamando ao teléfono 986 38 59 26.

Anuncios