De paseo polas comarcas do Val Miñor e Baixo Miño en vespa e lambretta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // VIII Volta en Vespa e Lambretta.

Preto de 300 vespas e lambrettas participaron este domingo na oitava edición da Volta en Vespa e Lambretta organizada por Vespamiñor Scooter Club. Desde as 10:00 da mañá, os pilotos e as súas motos, procedentes de toda Galicia, Almería e Portugal -con clubs de Vila do Conde, Braga, Gaia, Guimaraes, Povoa de Varzim, Barcelos e Paredes-, foron chegando á Praza de San Campio da Ramallosa, en Nigrán, onde recibiron unha bolsa cunha camiseta ademais dun almorzo cortesía de Rosquillas Cristaleiro.

Pasadas ás 11:20 da mañá comezaron a ruta polo Val Miñor e o Baixo Miño, pasando por Baíña e Baredo en Baiona, Viladesuso, Mavia e Loureza en Oia, O Rosal e A Guarda, onde desfrutaron dunha visita guiada ao Castelo de Santa Cruz, para ao finalizar, continuar ata o Parador de Baiona, onde desfrutaron dunha comida de confraternización.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.