Anuncios
Ticker de novas

Familiares de usuarios do Centro Juan María estrean dúas obras de teatro solidarias

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle mañá sábado ás 18:00 horas a estrea de “Que raio de vellas!” e “Amor a primera vista”, ambas as dúas obras de teatro escritas e interpretadas por pais e avós de usuarios do C.E.E. Juan María de Parada. A dobre función terá un obxectivo benéfico, xa que se invita aos asistentes a realizar un donativo voluntario de 3 € que se destinará á compra de material para a aula de psicomotricidade.

Anuncios