Vilas celebra as festas de María Auxiliadora

O barrio de Vilas, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra esta fin de semana as festas na honra de María Auxiliadora. O programa comezará o venres 26 de maio coa Festa da Xuventude, con DJ Sombras, América Disco, Nuch Marino, Omega Discomóvil e DJ Kani, Ganxx, DJ Bastos, Carlos Charanga e Sami Pexe.

O sábado día 27 ás 21:00 horas haberá unha gran tirada de fogos de artificio, e a partir das 22:00 horas, comezará unha gran verbena coa orquestra Magos e o trío Tic Tac.

O domingo 28 de maio ás 11:00 da mañá haberá un pulpeiro. Ás 11:30 comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas seguida de procesión acompañada pola Unión Musical do Val Miñor, que ofrecerá a continuación un concerto. Ao finalizar terán lugar as tradicionais “poxas”. Ás 18:00 horas, a programación finalizará cun novo concerto da Unión Musical do Val Miñor.

O Torreiro de Festas está cuberto cunha gran carpa.