O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, organiza xunto cos clubs e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un total de 16 campus deportivos para este verán.
A oferta inclúe Bolos Celta (Club Bolos Peitieiros), Tenis de Mesa (Agrupación Deportiva Vincios), Fútbol (Deportgadyd e Gondomar Fútbol Base), Atletismo (Sociedade Atlética Val Miñor), Ximnasia Acrobática (Club Flic Flac Gondomar), Patinaxe Artística (Club Patinaxe Artística Gondomar e Club Eixo Gondomar), Bádminton (Club Bádminton As Neves), Xadrez Galego (Centro Internacional de Xadrez), Baloncesto (Club Baloncesto Nigrán), Skate WS- Xtrem Club), Tenis (Club de Tenis Gondomar), Tiro con Arco (Club Arco Serra de Gondomar), Judo (Federación Galega de Judo) e Fútbol Sala (SD Abetos Gondomar FS).
As inscricións pódense realizar nos clubs que imparten os campus ou no Pavillón de Deportes de Gondomar de 18:00 a 22:00 horas, nos teléfonos 986 360 305 ou 608 748 393 ou a través do correo electrónico deportes@concellodegondomar.com.


