
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 89.643,70 euros para cinco concellos da provincia no marco da liña 2 do Plan Concellos. Máis polo miúdo, os concellos que forman parte desta relación aprobada polo goberno provincial son Barro, Cuntis, Gondomar, O Grove e A Guarda, que poderán afrontar gasto corrente novo e impulsar iniciativas relacionadas coa cultura, a promoción do comercio e o deporte.
Carmela Silva informou que Gondomar recibirá 62.030,62 euros para a III Gala do Deporte, para a organización do Gondoverán, para o XVIII Memorial Manuel Barros e para afrontar gasto corrente novo.
Con esta nova relación, xa son 41 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está a permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 2.309.514,66 euros o que supón o 57,6% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.