Anuncios
Ticker de novas

Baiona acollerá un clinic para adestradores de fútbol sala

O Concello de Baiona acolleu este venres a presentación do Clinic para adestradores de fútbol sala que organiza o Comité Galego de Adestradores coa colaboración do propio Concello de Baiona e o club local Baíña Fútbol Sala. No acto estivo presente o alcalde, Ángel Rodal, a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, o presidente do Comité Galego de Adestradores, Pichi Lucas, e o presidente do Baíña FS, Santi Rodríguez.

O Clinic levarase a cabo o 30 de xuño e contará coa presenza de ilustres relatores: David Pozos (FC Barcelona), José Lucas Mena “Pato” (Aspil Ribera Navarra), Bruno Travassos (Fundao de Portugal) e Mon Barreiro (Santiago Futsal, selección galega e selección española). A inscrición ten un custe de 50 euros cunha rebaixa de 25 euros (queda en 25) para os colexiados no Comité. O prezo inclúe a comida.

As inscricións poden formalizarse a través da web www.futgal.es.

2018-05-19 - 32916043_157467381764708_4952826981461786624_o

Anuncios