
O Concello de Nigrán colabora coa librería especializa “Donde viven los cuentos” para ofrecer un contacontos solidario de Gravata Torta para os cativos e as súas familias este sábado 19 ás 12:00 horas na Praza do Concello. Será unha sesión moi especial a favor da asociación Bicos de Papel, por iso dende “Donde viven los cuentos” pedirán unha doazón voluntaria de 3 € por neno co obxectivo de destinalo directamente a esta asociación que dá apoio a familias con nenos diagnosticados de cancro (apoio psicolóxico e económico, de actividades lúdicas para eles, entre outras moitas cousas).