Anuncios
Ticker de novas

O baionés Brais Gómez proclámase campión galego de contrarreloxo

Este xoves, aproveitando a festividade do Día das Letras Galegas, disputouse en Cerceda o Campionato de Galicia de contrarreloxo individual, sobre un trazado de 15,7 quilómetros e cunha participación de 250 deportistas. Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, fíxose co título autonómico na categoría júnior cun tempo de 23:21. O pasado ano, o corredor baionés ocupou o terceiro posto da clasificación na categoría cadete.

“Primeiro obxectivo da tempada logrado. Moi contento do estado de forma que teño agora mesmo e xa podo dicir orgulloso que son campión galego de CRI”, sinala Brais. “Moitas grazas a toda a xente que está nos momentos difíciles e axuda a que salgamos adiante e podamos mellorar con toda a sabedoría que teñen, mil grazas de corazón”.

No 2016, Brais xa sorprendera na carreira cadete dos Campionatos de Galicia de fondo de estrada celebrados en Boiro, nos que o desenlace resultou emocionante. No seu primeiro ano na categoría sorprendeu a todos os seus rivais e coroouse con dez segundos de vantaxe.

2018-05-17 - 32684094_1682983701789547_5199257043671711744_n

Anuncios