Charla-obradoiro sobre como fomentar a autonomía e responsabilidade dos fillos en Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

A ANPA do CEIP Fontes Baíña de Baiona organiza unha charla-obradoiro dirixida ás familias con fillos e fillas en educación primaria.

Co título «Como fomentar a autonomía e a responsabilidade nos nosos fillos e fillas», será impartida por Randall Hernández, terapeuta familiar. Esta actividade ofrece aos pais e nais un espazo de reflexión en torno a ensinanza de hábitos de autonomía e abordará a importancia do desenvolvemento da autonomía e a súa relación coas rutinas desde unha metodoloxía participativa.

Será o próximo luns 28 de maio ás 19:00 horas na Casa da Navegación, rúa Ventura Misa, 17, en Baiona.

O aforo da charla-obradoiro é limitado e irase completando por orde de inscrición, preferiblemente a través do envío dun WhatsApp ao 654 838 212, ou dun correo electrónico a anpafontes@hotmail.es no que se indique o nome e os apelidos da(s) persoa(s) interesada(s) en participar.