Anuncios
Ticker de novas

Medio cento de maiores de Nigrán desfrutaron da primeira excursión a Fisterra organizada polo Concello

Medio cento de maiores de Nigrán participaron esta fin de semana na primeira excursión de dous días a Fisterra organizada polo Concello. Os días 19 e 20 de maio repetirase cos que solicitaron esas datas. Os participantes puideron desfrutar o primeiro día dun pequeno paseo pola vila e comida e, xa pola tarde, visita ao Museo do Mar, ruta en barco polos mares de Fisterra con degustación incluída e cea. O domingo coñeceron o faro de Fisterra e acudiu o alcalde do municipio a saudalos.

O Goberno local de Nigrán organiza esta actividade de turismo social porque entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.

Anuncios