Cortes de tráfico en Baiona con motivo da Volta a Galicia

O Concello de Baiona informa que os días 19 e 20 de setembro, con motivo da Volta Ciclista a Galicia, pecharanse ao tráfico diversas rúas do municipio.

O xoves pecharase o tráfico desde as 16:30 ata as 19:30 (aproximadamente) dende a entrada do Xogo de Bolos de Baredo (estrada Baiona-A Guarda) ata a Avda. de Sabarís (antes da rotonda de acceso á autopista).

O venres pecharase o tráfico en diferentes intervalos:

  • Saída dende rúa Elduayen, cortarase dende as 12:30 e dirixirase ata Ramallosa, cortando o tráfico ao redor de 15 minutos antes de que pase a carreira e abríndose posteriormente.
  • Desde Ramallosa ata Cabo Silleiro pola costa irase pechando o tráfico ao redor de 15 minutos antes de que pase a carreira e abrirase unha vez que pasen todos os corredores (aproximadamente sobre as 14:00-14:30 horas).
  • Desde Ramallosa ata o Villa Rosa , irase pechando o tráfico ao redor de 15 minutos antes de que pase a carreira e abrirase unha vez que pasen todo os corredores (aproximadamente sobre as 14:00-14:30 horas).
  • Desde Villa Rosa ata O Cortelliño pasando pola Virxe da Rocha e Fontes irase pechando o tráfico ao redor de 15 minutos antes de que pase a carreira e abrirase unha vez que pasen todos os corredores (aproximadamente sobre as 15:30-16:00 horas).
  • Desde Cabo Silleiro ata a rúa Elduayen (subindo polo Faro e baixando por Baredo ata Rocamar), irase pechando o tráfico ao redor de 15 minutos antes de que pase a carreira e abrirase unha vez que pasen todos os corredores (aproximadamente sobre as 16:45-17:15 horas).

A estrada PO-552 desde a rotonda da gasolineira ata o Villa Rosa permanecerá pechada, por motivos loxísticos e organizativos, desde o inicio ata o final de carreira (aproximadamente de 12:30 a 18:00 horas) salvo casos excepcionais.

Anuncios