Anuncios
Ticker de novas

15 anos de clásicos no Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // XII Concentración de Clásicos do Val Miñor.

O Club de Clásicos e Populares do Val Miñor celebrou este domingo o 15º aniversario da súa fundación coa XII edición da súa tradicional concentración de coches clásicos e unha viaxe á Illa de Ons. Desde as 9:00 da mañá os vehículos participantes fóronse concentrando diante do Concello de Gondomar, onde recibiron unha bolsa de cortesía, os números para os coches e un ticket para tomar un café e refrescos.

Seat Fura GL, Mercedes 190SL, 240D, 300D o 450SEL, Renault 5, Porche 944, Seat Panda 45, Seat 600, Continental, BMW Alpina, Fiat Abarth 1000, Volkswagen Escarabajo, Seat 850, Renault Fuego, Porche Carrera, Pontiac, Simca, Ford Capri, Citroën 2CV, Opel Rekord, Toyota Supra, Porche 911SC, Renault 8, Ford Taunus 2.0 GL, Mini Cooper S MKII, Fiat X19, Seat 127 Especial, Mazda RX7 ou Seat 131E son algunhas das preto de 60 “xoias” que os curiosos que se achegaron puideron contemplar.

Pasadas a 10:00 saíron dirección Vincios ata A Pasaxe, onde lles esperaba a Policía Local de Vigo, que os levou ata a zona portuaria da cidade pasando polo centro. Ao chegar, aparcaron no porto para a continuación coller o barco dirección Ons, gozando durante a travesía dun aperitivo e un guía. Tras o xantar no Restaurante Casa Acuña da illa, ás 18:00 horas regresaron a Vigo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios