Anuncios
Ticker de novas

Baiona sortea este luns 73 postos do mercado de Sabarís

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // 520 aniversario do mercado de Sabarís.

O Concello de Baiona celebrará este luns ás 10:00 da mañá o sorteo dos 73 postos de venda ambulante para o mercado de Sabarís, que se celebra todos os luns na parroquia desde hai máis de 520 anos. Con esta nova convocatoria quérense cubrir os 220 postos de venda ambulante que ten o mercado. En maio de 2017, o Concello sacou a licitación 156 postos.

O mercado de Sabarís é un dos máis antigos de Galicia e segue xogando un papel crave na posta en valor e dinamización da Parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Este novo concurso vén ampliar o espazo de comercio no que se dan cita unha gran variedade de produtos de moi variada clase que van desde froitas e verduras, ata decoración, moda e complementos entre outros moitos.

Anuncios