Anuncios
Ticker de novas

Patos súmase á xornada mundial de limpeza simultánea de praias

FOTO: CEMMA

Un ano máis o Concello de Nigrán únese a Prado Surf Escola este sábado para participar no proxecto global #oceaninitiatives da Surfrider Foundation Europe (entidade que trata a contaminación do lixo mariño a través da educación, da ciencia cidadá e do lobby). Así, dentro desta limpeza simultánea de praias a nivel mundial, Nigrán estará presente co areal de Patos. A xornada contará novamente coa colaboración de CEMMA Cetáceos (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), que realizará o simulacro de rescate dun golfiño vivo varado.

A recepción de asistentes será ás 11.00 horas nas instalacións da escola en Patos; de 11:15 a 12:15 h recollida de residuos na praia; ás 12:15 horas foto grupal; de 12:30 a 13:15 simulacro de rescate de golfiño vivo varado e, finalmente, de 13:15 a 14:30 h. surfing libre.

Paralelamente, durante a fin de semana terá lugar unha proba de surf do Circuíto Galego Júnior, que forma parte tamén do Circuíto Nacional Promesas.

Anuncios