Anuncios
Ticker de novas

Omar Rodríguez disputa este sábado o Campionato de España Universitario

As tres Universidades Galegas estarán presentes no Campionato de España Universitario 2018 de Loitas Olímpicas que terá lugar en Torredelcampo (Xaén) este sábado 12 de maio.

Os deportistas que representarán á Universidade de Vigo serán Cristina Alves Pereira en 51 kg do Club Cidade de Vigo, Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra e Nerea Pampín Blanco do Club de Loita Keltoi Vila de Cruces, ambas as dúas en 63 kg, e Noelia Lalín Canda en 75 kg, tamén do Keltoi. En mozos Pablo García García en 80 kg e Andrés Torres Carro en 90 kg, ambos os dous do Club de Loita Pontevedra. Como técnico da UVigo acudirá Marcos Miragaya Lama.

A Universidade de Santiago de Compostela estará representada por Judit Varela en 63 kg do Keltoi de Vila de Cruces, Xandre Freire Rodríguez en 62 kg da Escola Ayude, Omar Rodríguez Martínez en 70 kg do Club de Loita Sabarís, Iván González Muñiz en 70 kg do Club Kuzushi de Vigo, David Seijo Núñez en 80 kg do Keltoi e Fran Monasterio Portela en 130 kg do Loita Olímpica Vilalba. Como técnico viaxa Rubén Méndez Lois.

A Universidade de Coruña estará representada por Adrián Imedio en 62 kg do Club Vilalba e que adestra habitualmente en Judo Club UDC.

Como árbitros nacionais foron convocados pola Federación Española de Loita Miriam García García e Jose Manuel Pereira do Club de Loita O Castro de Vigo.

Anuncios