Gondomar Concello Aberto está a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de Sanidade, etc.
O proxecto actual substitúe ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace.
CABE convoca a toda a cidadanía a unha concentración, este sábado día 12 de maio, ás 12:00 do mediodía, diante do Centro de Saúde actual para conseguir o Centro de Saúde que Gondomar necesita.

