Este xoves, 10 de maio ás 20:00 horas no salón de actos da Casa Galega da Cultura en Vigo terá lugar a presentación do libro «Escolas nocturnas» de Mª Luisa de la Puerta, con entrada libre ata completar o aforamento do local, actividade programada pola Concellería de Igualdade da cidade olívica.
«En memoria de Mercedes Ruiz de la Escalera, unha muller que a principios do século XX creu no pobo galego promovendo dous proxectos de gran envergadura. Por unha banda, a alfabetización de miles de persoas a través de escolas obreiras católicas fundadas por ela, comezando por Vigo e continuando logo en Pontevedra, Ourense, Santiago de Compostela, Caldas de Reis, A Coruña e Ferrol.
Doutra banda, promovendo a construción do monumento da Virxe da Rocha en Baiona como símbolo protector aos mariñeiros. «Toda persoa merece respecto e dignidade, deben ter a posibilidade de alcanzar co seu esforzo e tesón un futuro digno, pois todos somos iguais ante Deus».
María Luisa de la Puerta
Con esta novela de tinguiduras biográficas a autora pretende render homenaxe á figura emblemática de Mercedes de la Escalera, unha muller que dedicou a súa vida a impulsar a educación da clase obreira por toda Galicia a principios do século XX e participou activamente na promoción da construción do monumento á Virxe da Rocha.
A autora asume unha gran responsabilidade ao publicar este libro, pois a protagonista era unha persoa moi vinculada á súa familia coa que lles unía unha gran amizade.

