Faladoiro en Gondomar arredor do libro “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte”

A libraría Libraida de Gondomar acolle este venres 11 de maio ás 20:00 horas un faladoiro con Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González arredor do libro “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte” (Edicións Xerais). Presentará o acto Carlos Méixome e contarán coa presenza dos autores.

Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967). Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Xurxo Martínez González (Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo.