O Monte Real Club de Yates renova a súa bandeira azul

O Monte Real Club de Yates renovou, un ano máis, a súa bandeira azul polo coidado ambiental das súas infraestruturas, a calidade das súas augas e a excelencia dos seus servizos náuticos.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) incluíu ao Monte Real na lista de 15 portos deportivos de Galicia, 6 deles na provincia de Pontevedra, que obteñen este ano o distintivo.

O club consolida así unha distinción que mantén, de forma ininterrompida fóra dun ano, desde 1988, cun programa ambiental específico que recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde, entre outras accións.

Anuncios